O IGADI gaña posicións entre os mellores think tanks de España
23/03/2011 Deja un comentario
A “Encuesta 2011: los think tank más importantes de España”, elaborada pola empresa Iberglobal, colocou nesta edición ao Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org), dirixido por Xulio Ríos, no 8º lugar entre os 20 think tanks e centros de investigación sobre política internacional a nivel estatal. Nesta enquisa participaron 1.000 persoas a través do voto electrónico. O IGADI obtivo o 13,0% do total dos votos emitidos. Na edición 2010, o IGADI obtivo o 9º lugar nunha lista que incluíu a 17 think tanks e centros de investigación. Nesta terceira edición da enquisa de Iberglobal incluíronse tres novos centros de investigación, o Instituto Complutense de Estudios Internacionais, a Fundación Ideas e a FEDEA. Deste modo, o IGADI, que en 2011 arriba ao seu 20º aniversario, pasa a figurar entre as principais entidades de investigación a nivel estatal especializadas en política internacional, con énfase no mantemento dunha visión propia, de servizo público e independente, con marcado acento na proxección exterior de Galicia. (Fuente: IGADI – 22/03/2011)